MIRADA
MIRADA
Das mil cores que un ceo pode ter
son moitas as veces nacida nun corpo de muller.
Aínda que algún por
ignorante non te poida ler,
podes adicarme a máis clara do amencer.
Inalcanzable numerar as sensacións que chegas espertar,
cando se vive coa esperanza de poderte contemplar.
Como esas dúas fiestras que se abren o meu pasar,
paseniñas,coidadosas;de agarimo insinuante para me endulzar.
¿A quen tentas conquistar?
Bágoa que fai de cortina,
a tal vidreira
decorada na vida.
Igual a camiño,cantos pasos retiveches na memoria.
Xogo de luces que se pecha ante o incerto.
Expresión absurda na noite fría.
Sen embargo non hai ollar semellante,
mentres as diferenzas duran un instante.
O sabor doce xa non o pode o amargo,
acompañada de moitos compases,
sendo inocentes a de moitos rapaces.
Moitos corazóns durmidos espertaches,
foron centos os choros que calaches.
Incontables instimismos que presenciaches.
Pero para que calarte…
Se tampouco deixo de mirarte.
Daniel Falcón Chaves
Comentarios
Publicar un comentario