Entradas

Imagen
LUZ O CORAZÓN Escuras sombras na luz do día, asubío  de paxaro xa con voo a lonxe, mais quixera as lembranzas de memoria pasada. no caderno que ti abriches. Canto piar da alma, co teu amor xa calada, canta historia escrita, en ringleiras da vida. Amor que no tempo perdura, aínda coa tempestade na súa maior bravura, sosego,e caricia inocente de meniño, Roldando o corazón paseniño. Gañando as batallas en outros lares perdida, devolvéndome de novo a vida, lóstregos impacientes da primavera, chegando a min como se foses a primeira. Mostraxe de  "arrumacos" e caricias, nos que calar cun sorriso, o tempo da a razón, pero pero ti sempre gañando o meu corazón.                                                                                                                                                                                                                                                               Daniel Falcón Chaves

Carto mollado

Imagen
                                      Carto mollado Indignante,con matices dos máis vergoñentos, sensación que nos invade nestes momentos. Saborosa goma de mascar en varias bocas, peso do peto de algunhas focas. “Españolito de a pie” que xa non camiña, tempos nos que non nos fiamos nin da veciña.                                                                                                      Xa non durme un tranquilo no seu colchón, pensando naquel que repousa entre tanto millón. Cabeza pensante mentindo o pobo,xa con cabreo, farto de pagar,éo traten con “mamoneo”. Debe de ser defecto do animal, porque con tanta molladura ata salpicaron a casa Real. Non vou nomear as palabras que todos sabemos, so,que isto parece un "cursillo";haber se aprendemos. A verdade que a materia non colle en garrafa,      un empeza a estar canso de ver tanta estafa. Moi ben sabemos todos;cal sería a solución, pero a cousa do ladrill

MIRADA

Imagen
                                                            MIRADA Das mil cores que un ceo pode ter son moitas as veces nacida nun corpo de muller. Aínda que  algún por ignorante non te poida ler, podes adicarme a máis clara do amencer. E sen embargo as veces a máis negra do escurecer.                                Inalcanzable numerar as sensacións que chegas espertar,                         cando se vive coa esperanza de poderte contemplar. Como esas dúas fiestras que se abren o meu pasar, paseniñas,coidadosas;de agarimo insinuante para me endulzar. ¿A quen tentas conquistar? Bágoa que fai de cortina, a  tal vidreira decorada na vida. Igual a camiño,cantos pasos retiveches na memoria. Xogo de luces que se pecha ante o incerto. Expresión absurda na noite fría. Sen embargo non hai ollar semellante, mentres as diferenzas duran un instante. O sabor doce xa non o pode o amargo, acompañada de moitos compases, sendo inocentes a de

Verbas movidas polo vento

Imagen
Verbas movidas polo vento Sosegadamente,a vez caendo mainiñas, chuviscar das almas e as veces dos corazóns. Razón que quita as sentidas bravuras. Máis non desespero no despertar dun mañá verdadeiro. Tranquila e mainiña,chega a borrasca coñecida, sen importar fronteira ou límites a cubrir. Repousando como agardado,na calor de alento perdido. Non son pasaxeiros os chuvascos de certas tormentas. Sosténdose de faladoiros de linguas de algunhas xentes, que esperan apartarse o cuspir o aire. Non é baleiro intento o que estas verbas encerran. Como ave de paso,nas mentes nunca quedan, se non a todos que din,falan,comentan e lles dixeron. que neste mundo algo con arrepentimento fixeron.                                                                       Daniel Falcón Chaves

DISFRAZ DE IGNORANTE

Imagen
DISFRAZ DE IGNORANTE Forón tempos aqueles de lapís e papel, ata chegar a certa época de mudar de pel. buscando a cor camaleónica que cada un lle viña ben, aqueles que viven unha sociedade particular. sen pensar en ninguén pero en posesión da agulla de menear. Bonito,o traxe que che puxeron hoxe. espléndido as veces o traballo do teu peluqueiro, amañándoche o bigote para non ter pelos na lingua. as veces levas cada garabata que pareces un monigote. Pero sempre vestidiño e planchadiño,e a lucir "palmito". Menudo "chope" te buscaches "neno", de letras nunca me entendiches, nos números xa nin te metiches. manexar talonario era o teu amiguiño, e sorte en topar ese abriguiño. non e votar nada en cara na túa cuadra, nin tampouco enviada se cadra, so que como andas con xente ben,non ves a ninguén. tampouco digo máis,que con ese disfraz de ignorante, creo que xa tes bastante.                                                              

A GRITO ABERTO

Imagen
A Grito Aberto Non é o divagar do tempo, sombras paseniñas de un pasado. Xa esquecido... Quizais lexano... Son promesas incumpridas. Decepción,as veces non asumida. Máis hai algo que me fortaleze. E un grito de mandato,de orde.                               Mándame erguer a cabeza. Porque vivir... O futuro e o que me fai seguir. Non son,si non,sombras do pasado. Palabras a prezo de saldo. Faladurias agasalladas o esquecemento. Certo é,que viviron o seu momento. Non e un alarido de dor. Pois a ferida xa non e sangrante. Tampouco e cuestión de que pase moito tempo, So necesito un instante. Acordarme xa case non e preciso, no esquecemento caira todo aquel pensamento. Buscando nas vivencias o seu repousamento.                                                                                                                                                       Daniel Falcón Chaves

comentario de "As verbas"

Imagen
Comentario de "As verbas" Esta creación de 2012,que da inicio a primeira entrada de este blog de creación propia xa que a primeira entrada é de Ramón Cabanillas,por parecerme apropiado xa por ser un poeta do meu municipio e como homenaxe a un dos grandes da literatura Galega. A primeira entrada titulada “As verbas” trata de definir en si a poesía para intentar  vela dende outro punto de vista.Intentase falar de eses inicios,que moitas veces non son nada fáciles ou mesmamente veñen perseguidos por criticas de hai a primeira estrofa onde se deixa reflexo con:"Pero sempre con cabeza erguida,e sen perder os compases.” Na segunda estrofa falase de “sentar bases” un referente a acción de escribir,de que algún aínda que non entenda o expresado  pois poñer boa aceptación as criticas recibidas. Na terceira estrofa fago referencia ou prolongación a segunda,cando fago o paralelismo de comparar as palabras co meniño xa que me refiro as poesías como creación,como algo nacido